viernes, 23 de diciembre de 2011

BO NADAL!!!

OS MAGOS E A MAGAS QUEREMOS DESEXAR UN
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO 2012
COA NOSA PANXOLIÑA 

video


FOI PREMIADA CO 3º PREMIO NO CONCURSO DE PANXOLIÑAS DO COLE COMPARTIDO CON TODOS OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS.




QUE ALEGRÍA, QUE ILUSIÓN!!!





TAMÉN PODEDES VER A PANXOLIÑA NO BLOG DE MÚSICA DO COLEXIO

FELICES FESTAS!!!


MELGASAR NO COLE

VISITOUNOS MELGASAR,  O CARTEIRO REAL PARA RECOLLER AS NOSAS CARTAS,
FOI UN DÍA MOI ESPECIAL!!!
RECIBÍMOLO CON MOITÍSIMA ILUSIÓN



AGORA TOCA ESPERAR QUE OS NOSOS DESEXOS SE FAGAN REALIDADE.

martes, 20 de diciembre de 2011

INTERCAMBIAMOS POSTAIS

ESTE CURSO ORGANIZAMOS UN INTERCAMBIO DE POSTAIS ENTRE AS AULAS DO COLEXIO.
POR SORTEO TOCOUNOS FACERLLES POSTAIS PARA OS NENOS E NENAS DA AULA DE 3º A
E HOXE FOI DÍA ELEXIDO PARA O INTERCAMBIO

ESTÁBAMOS MOI NERVIOSOS

OS NENOS E NENAS DE 3º VIÑERON A NOSA AULA

A ESPERA FÍXOSE MOI MOI LONGA



CANTÁMOSLLE A NOSA PANXOLIÑA E ELES CANTÁRONLLE O CUMPREANOS FELIZ A XABIER. TAMÉN COMPARTIMOS CON ELES OS GUSANITOS QUE NOS TROUXO XABI

REGALÁRONNOS UNHA POSTAL PARA A AULA





A EXPERIENCIA FOI MOI POSITIVA

CUMPLE

HOXE CELEBRAMOS O CUMPLE DE...

XABIER

FELICIDADES POLOS TEUS 4 ANOS



TRÓUXONOS UNHA TARTA QUE ESTABA RIQUÍSIMA, COMÉMOLA TODA TODIÑA.

E OS GUSANITOS COMPARTÍMOLOS,
PERO CON QUEN?

CONTESTAMOS NO BLOG

ESTIVEMOS CONTESTANDO AOS COMENTARIOS QUE ESTAMOS RECIBINDO NO BLOG.

PENSAMOS O QUE QUEREMOS ESCRIBIR


DISCUTIMOS EN PARELLA QUE LETRA TEMOS QUE TECLEAR




 PUBLICAMOS A CONTESTACIÓN 


É MOI EMOCIONANTE!!!

viernes, 16 de diciembre de 2011

ARTHUR CHRISTMAS

HOXE FOMOS AO CINE



E VIMOS UNHA PELI QUE TIÑA MAXIA










PASÁMOLO XENIAL E AO REMATAR FOMOS REPOÑER FORZAS


E DE VOLTA AO COLE ILUSTRAMOS


E, SORPRESA!!!! UNHA MAGA DA AULA TROUXO UN


QUE BONITO!

TRES REIS EN BICICLETA

COMO ESTAMOS NO NADAL APRENDEMOS UNHA PANXOLIÑA NOVA, PARA CANTALA PRECISABAMOS PREPARARNOS, 
ASÍ QUE

1º ENSAIAMOS NA AULA

video


2º PUXEMOS OS CASCOS, CANTAMOS E BAILAMOS CON TODOS OS NENOS E AS NENAS DE 4 ANOS




3º CANTAMOS A NOSA PARTE E ESTE É O RESULTADO


video


GÚSTANOS MOITO, E GOZAMOS CANTANDO E BAILANDO.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

PARA ANDAR EN BICICLETA HAI QUE LEVAR CASCO


ESTÁMONOS PREPARANDO, PERO PARA QUE?


domingo, 11 de diciembre de 2011

BO NADAL

TODAS E TODOS OS MAGOS DA AULA QUEREMOS FELICITARVOS NESTAS DATAS E DESEXARVOS UN FELIZ ANO NOVO 2012 COMPARTINDO ESTA POSTAL FEITA A PARTIRES DO DEBUXO QUE NOS TROUXO UN MAGO DA AULA


viernes, 9 de diciembre de 2011

OLA A TODAS E TODOS!!!!

DÁMOSTE A BENVIDA A ESTE BLOG.
SOMOS AS NENAS E OS NENOS DE 4 ANOS B DO CEIP SIGÜEIRO.
CON ESTE BLOG QUEREMOS COMPARTIR A MAXIA QUE DÍA A DÍA ACONTECE NA NOSA AULA.
PUBLICAREMOS ACTIVIDADES E ACONTECEMENTOS QUE NOS PAREZAN INTERESANTES PARA COMPARTIR CONVOSCO.
ESPERAMOS QUE TEÑA UNHA BOA ACOLLIDA E SEXA VISITADO POR MOITA XENTE.

martes, 6 de diciembre de 2011

Estamos comezando

Como podedes ver se chegáchedes aquí estamos no comezo, aínda configurando o blog.
Non dubides en volver.
Un saúdo.
Celia.